Axuda do LibreOfficeDev 7.4
Alén dos seus propios formatos XML, o LibreOfficeDev permite abrir e gardar moitos formatos XML externos.
En UNIX, algúns formatos de ficheiro non son recoñecidos automaticamente. LibreOfficeDev normalmente recoñece automaticamente o tipo de ficheiro ao abrir un ficheiro. Nalgúns casos, talvez precise de introducir manualmente o tipo de ficheiro na caixa de diálogo Abrir. Por exemplo, se quere abrir a táboa dunha base de datos en formato de texto como táboa de base de datos, terá que especificar o tipo de ficheiro "Texto CSV" despois de seleccionalo.
En LibreOfficeDev - PreferenciasFerramentas - Opcións - Cargar/Gardar - Propiedades de VBA é posíbel indicar a configuración dos códigos das macros en VBA nos documentos do Office da Microsoft. As macros en VBA non poden seren executados no LibreOfficeDev; primeiro han de ser convertidos e adaptados. Normalmente só hai que usar o LibreOfficeDev para cambiar o contido visíbel dun ficheiro de Word, Excel ou PowerPoint e gravar despois o ficheiro de novo no formato do Office da Microsoft sen cambiar as macros que conteñen. Pode configurar o comportamento do LibreOfficeDev como desexe: Ou que as macros en VBA se garden en forma comentada como subrutina do LibreOfficeDev e que cando o documento se garde no formato do Office da Microsoft se escriban de maneira correcta de novo ou que as macros do Office da Microsoft se retiren ao cargar. Esta última opción é unha protección efectiva contra os virus dos documentos do Office da Microsoft.
Mesmo non estando instalados, algúns filtros poden ser seleccionados nas caixas de diálogo Abrir e Gardar. Se selecciona un deses filtros, mostrarase unha mensaxe dicindo que aínda o pode instalar se o necesita.
Para instalar filtros adicionais ou eliminar filtros individuais da instalación, peche LibreOfficeDev, inicie o programa de instalación e seleccione a opción Modificar. De seguida, verá unha caixa de diálogo en que poderá engadir ou eliminar compoñentes individuais de LibreOfficeDev. Os filtros gráficos encóntranse en "Compoñentes opcionais".
O Writer do LibreOfficeDev pode ler diversas versións do formato de texto do Word da Microsoft. Vostede tamén pode gardar os seus propios textos no formato do Word. Porén, non todo o que está dispoñíbel co Writer do LibreOfficeDev pode ser transferido ao Word e non todo pode ser importado.
A importación xeralmente non ofrece problemas. Mesmo se importan (e exportan) os controis e a información de revisión para que LibreOfficeDev poida recoñecer as cadeas de texto inseridas ou eliminadas en documentos de Word, así como os atributos de tipo de letra modificados. Tamén se inclúen cores específicas para cada autor e para a hora de tales modificacións. Cando se importan desde os modelos as etiquetas e caixas de texto dunha imaxe, tamén se importa a maioría dos atributos como atributos de debuxo e de parágrafo. No entanto, é posíbel que se perdan algúns deles durante o proceso de importación.
Tamén é posíbel importar e exportar ficheiros RTF. Este formato de ficheiro pódese empregar para intercambiar textos formatados entre varios aplicativos e plataformas. Dese modo, poden transferirse sen problema moitos dos formatos que normalmente recoñecen os programas. O portapapeis utiliza o formato RTF cando insire parte dunha folla de LibreOfficeDev Calc a través de DDE en LibreOfficeDev Writer.
O filtro Texto codificado axúdao a abrir e gardar documentos de texto con outra codificación de tipo de letra. Este filtro abre unha caixa de diálogo que fai posíbel a selección do conxunto de caracteres, de tipos de letra predefinidos, idioma e quebra de parágrafos.
LibreOfficeDev Writer permite inserir notas ao pé de páxina e ao final dun documento HTML. As notas expórtaas como etiquetas meta e os caracteres que as compoñen como hiperligazóns.
Os comentarios empréganse para incluír caracteres descoñecidos nun documento en HTML. Toda nota que comece por «HTML:...» e remate por ">" é tratada como código HTML mais expórtase sen esas designacións. Pódense incluír diversas etiquetas arredor do texto a continuación de "HTML:..." Os caracteres acentuados convértense ao conxunto de caracteres ANSI. Os comentarios créanse durante a importación (por exemplo, para meta-etiquetas que non teñen sitio nas propiedades do ficheiro ou para etiquetas descoñecidas).
A importación HTML de LibreOfficeDev Writer le ficheiros con codificacións de caracteres UTF-8 ou UCS2. Por tanto, é posíbel exhibir calquera carácter do conxunto de caracteres ANSI ou do sistema.
Ao exportar a HTML emprégase o conxunto de caracteres seleccionado en LibreOfficeDev - PreferenciasFerramentas - Opcións - Cargar/Gardar - Compatibilidade con HTML. Os caracteres que non estean presentes escríbense en forma substituta, que se mostra correctamente nos navegadores web modernos. Ao exportar eses caracteres vostede recibirá un aviso relacionado.
If, in LibreOfficeDev - PreferencesTools - Options - Load/Save - HTML Compatibility, you select Mozilla Firefox or LibreOfficeDev Writer as the export option, upon export all important font attributes are exported as direct attributes (for example, text color, font size, bold, italic, and so on) in CSS1 styles. (CSS stands for Cascading Style Sheets.) Importing is also carried out according to this standard.
A propiedade «tipo de letra» corresponde co Firefox da Mozilla; isto é, antes do tamaño do tipo de letra pódense indicar valores opcionais de «font-style» (cursiva, ningún), «font-variant» (normal, versaletas) e «font-weight» (normal, grosa).
Por exemplo, "Fonte: negra cursiva versaletas 12pt/200% Arial, Helvetica" muda a negra, cursiva, versaletas, espazamento duplo con tipo de letra Arial ou Helvetica, se non hai Arial.
"Fonte: 10pt" alterna a un tipo de letra de 10pt, con negra, cursiva e versaletas desactivado.
If LibreOfficeDev Writer are set as the export option, the sizes of the control field and their internal margins are exported as styles (print formats). CSS1 size properties are based on "width" and "height" values. The "Margin" property is used to set equal margins on all sides of the page. To allow different margins, the "Margin-Left", "Margin-Right", "Margin-Top" and "Margin-Bottom" properties are used.
The distances of graphics and Plug-Ins to the content can be set individually for export to LibreOfficeDev Writer. If the top/bottom or right/left margin is set differently, the distances are exported in a "STYLE" option for the corresponding tag as CSS1 size properties "Margin-Top", "Margin-Bottom", "Margin-Left" and "Margin-Right".
Frames are supported with the use of CSS1 extensions for absolute positioned objects. This applies only to the export options Mozilla Firefox and LibreOfficeDev Writer. Frames can be aligned as graphics, Plug-Ins,and Floating Frames, but character-linked frames are not possible.
Frames are exported as "" or " A unidade de medida definida en LibreOfficeDev emprégase para as propiedades de CSS1 da exportación a HTML. A unidade pode ser definida por separado para os documentos de texto e HTML en LibreOfficeDev - PreferenciasFerramentas - Opcións - Writer do LibreOfficeDev - Xeral ou LibreOfficeDev - PreferenciasFerramentas - Opcións - LibreOfficeDev Writer/Web - Ver. O número de decimais exportados depende da unidade. Unidade de medida Nome da unidade de medida na CSS1 Número máximo de decimais Milímetro mm 2 Centímetro cm 2 Polgada pol 2 Pica pi 2 Punto pt 1 O filtro de páxinas web do LibreOfficeDev admite algunhas capacidades de CSS2. Porén, para usalo hai que activar a exportación da disposición de impresión en LibreOfficeDev - PreferenciasFerramentas - Opcións - Cargar/Gravar - Compatibilidade con HTML. If, in LibreOfficeDev - PreferencesTools - Options - Load/Save - HTML Compatibility, the export option "LibreOfficeDev Writer" is selected, the indents of numberings are exported as "margin-left" CSS1 property in the STYLE attribute of the As sangrías de parágrafo á esquerda na numeración indícanse como propiedade "Marxe-Esquerda" da CSS1. As sangrías de primeira liña ignóranse e non se exportan. LibreOfficeDev importa e exporta referencias a seccións excluídas como, por exemplo, unha columna a que se facía referencia. Durante o proceso de exportación pódese ver a fórmula global e a referencia excluída contén unha indicación (#REF!) sobre a referencia. Durante a importación créase unha #REF! en correspondencia coa referencia. Como nos documentos HTML, para abrir un ficheiro gráfico de LibreOfficeDev pódese escoller utilizar un filtro co elemento LibreOfficeDev Impress no nome ou sen el. Sen o elemento, o ficheiro ábrese como documento de LibreOfficeDev Draw. Con el, o ficheiro, gardado nunha versión antiga do programa, ábrese en LibreOfficeDev Impress. Cando se importa un ficheiro EPS, móstrase no documento unha previsualización da imaxe. Se a previsualización non está dispoñíbel, móstrase un marcador proporcional ao tamaño da imaxe. En Unix e Microsoft Windows pódese imprimir o ficheiro importado empregando unha impresora PostScript. Se se emprega unha diferente, imprímese a previsualización. Durante a exportación de imaxes EPS, créase unha previsualización no formato TIFF ou EPSI. Cando se exporta unha imaxe EPS xunto con outras imaxes no formato EPS, ese ficheiro incorpórase sen alteracións ao novo ficheiro. Permítense TIFFs de varias páxinas cando se importan ou exportan imaxes en formato TIFF. As imaxes recupéranse como conxunto de imaxes individuais nun único ficheiro como, por exemplo, cada páxina dun fax. Pódese acceder a algunhas opcións do Draw do LibreOfficeDev Draw do Impress do LibreOfficeDev a través de Ficheiro - Exportar. Vexa Opcións de exportacións de gráficos para máis información. Para exportar un documento ou imaxe no formato PostScript: Se aínda non o fixo, instale un controlador de impresora PostScript como, por exemplo, o Apple LaserWriter. Imprima o documento coa orde de menú Ficheiro - Imprimir. Seleccione a impresora PostScript na caixa de diálogo e marque a caixa de verificación Imprimir no ficheiro. Crearase un ficheiro PostScript.
Importación e exportación de numeración
and
tags. The property indicates the difference relative to the indent of the next higher level.
Importación e exportación de ficheiros de folla de cálculo
Importación e exportación de ficheiros gráficos
PostScript